Como funciona a bonificación da Tarifa Plana Seguros?
-
Como funciona a bonificación da Tarifa Plana Seguros? A bonificación da Tarifa Plana Seguros aplícase sobre cada cota mensual e se actualiza coa contratación de cada seguro. A bonificación é maior cantas máis modalidades de seguros inclúas na conta. Por exemplo, se inclúes un seguro de vida, un seguro de fogar e dous seguros de auto, computarán como 4 seguros pero só 3 modalidades, polo que a bonificación será dun 3%.
A domiciliación de varios seguros correspondentes á mesma modalidade computarán para estes efectos como unha única modalidade.
Non serán obxecto de bonificación os seguros combinados con operacións de activo formalizados con ABANCA (préstamo persoal ou hipotecario) nin os seguros de protección de pagos.
Compártelo en...Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. - https://www.abanca.com/gl/axuda/como-funciona-a-bonificacion-da-tarifa-plana-seguros