Como me axuda Chave ABANCA ante un intento de phishing?
-
Como me axuda Chave ABANCA ante un intento de phishing? Ao ter a túa Chave ABANCA activa, estaslles agregando unha capa adicional de seguridade ás túas contas baseada no sistema de acceso ao teu dispositivo persoal (a túa cara, impresión dixital ou PIN), o que dificulta significativamente que os atacantes poidan realizar operacións en remoto suplantando a túa identidade.
Por exemplo, nun caso de phishing, os estafadores intentan enganarte para que reveles información confidencial, como as túas claves de acceso á app. Coa túa Chave ABANCA activa, se caes nun intento de phishing e proporcionas as túas claves, o ciberdelincuente, unha vez instalada a app, terá máis difícil enviar diñeiro facéndose pasar por ti, xa que se lle podería requirir, para confirmar a súa identidade, as claves de acceso que tes habilitadas no teu dispositivo coa Chave ABANCA.
Así, no caso de que teñas habilitada a túa cara ou a impresión dixital como método de desbloqueo do teu dispositivo, deberá confirmar a súa identidade cos teus datos biométricos (datos que só tes ti) ou no caso de que utilices PIN, co PIN do teu dispositivo (dato que só sabes ti).
Compártelo en...Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. - https://www.abanca.com/gl/axuda/como-me-axuda-chave-abanca-ante-un-intento-de-phishing