Como podo amortizar unha operación coa miña tarxeta Tú?
-
Como podo amortizar unha operación coa miña tarxeta Tú? Se queres liquidar a débeda da tarxeta Tú, tanto se é un pagamento a finais de mes como se é un pagamento a prazos, podes facelo directamente mediante a túa app de banca móbil ou na banca electrónica.
Na banca móbil terás que seguir os seguintes pasos:
- Selecciona a tarxeta Tú no apartado Tarxetas.
- Localiza a operación na lapela Movementos.
- Desde o botón Xestionar, se a túa operación ten como seleccionada a forma de pagamento a fin de mes só deberás indicar que queres amortizala e a cantidade a aplicar, que pode ser toda a débeda ou parte.
- E desde ese mesmo botón Xestionar, se a túa operación ten outra modalidade de pagamento (como un aprazamento a 3, 6, 9, 10 ou 12 meses ou un aprazamento de cota fixa, primeiro debes mudar a forma de pagamento e pasala á modalidade de a fin de mes; logo terás que facer a amortización como che acabamos de sinalar no punto anterior.
- Lembra que se fas unha amortización parcial, reducirémosche as cotas, pero non che reduciremos os meses, para que poidas seguir pagando de forma máis cómoda.
Compártelo en...Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. - https://www.abanca.com/gl/axuda/como-podo-amortizar-unha-operacion-coa-mina-tarxeta-tu