Como podo ampliar a cantidade de diñeiro que podo sacar do caixeiro?
-
Como podo ampliar a cantidade de diñeiro que podo sacar do caixeiro? Podes aumentar ou diminuír o límite de diñeiro que podes sacar no caixeiro das seguintes formas:
- Na túa app de ABANCA, accede á pestana de 'Tarxetas', selecciona a tarxeta e entra nos axustes (a icona de roda dentada superior) para cambiar o límite.
- Na túa banca electrónica, tamén debes acceder á tarxeta e facer clic no menú 'Modificar límites'.
- Na túa banca electrónica de empresas, na opción de 'Tarxetas/Comercios' > 'Cambio de límites'.
- Ou coas túas claves de banca telefónica chamándonos ao 981 179 600 (ou ao +34 981 179 600 se nos chamas desde o estranxeiro), de luns a venres de 8 da mañá a 10 da noite.
Ademais, lembra que tamén poderás modificar o límite para pagos en comercios e por internet.
Compártelo en...Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. - https://www.abanca.com/gl/axuda/como-podo-ampliar-a-cantidade-de-dineiro-que-podo-sacar-do-caixeiro