Como podo anular un envío de diñeiro a outro banco?
-
Como podo anular un envío de diñeiro a outro banco? Se desexas anular un envío de diñeiro ou unha transferencia a outra persoa realizada pola app ou coa banca electrónica, hai distintas formas de solucionalo segundo o tipo de operación.
- Se é un envío de diñeiro a outro banco (transferencia ordinaria), chámanos canto antes ao servizo de banca telefónica coas túas claves ao 981 179 600 (de luns a venres, de 8 a 22 h). Se a transferencia aínda non saíu do banco, podemos cancelala. Se xa foi enviada, podemos iniciar unha solicitude de devolución ao banco do destinatario.
- Se é un envío de diñeiro a outra conta de ABANCA, cómpre facer unha xestión para que o beneficiario autorice a devolución. Con todo, o máis rápido é que fales directamente coa outra persoa para acordar a devolución do importe.
- Se é un envío de diñeiro inmediato (transferencia inmediata), non se pode cancelar, xa que o diñeiro chega ao instante. Neste caso, deberás contactar directamente co beneficiario e pedirlle que che devolva o importe.
Pola contra, se realizaches a transferencia nunha oficina, acude á mesma sucursal para
xestionar a solicitude.Compártelo en...Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. - https://www.abanca.com/gl/axuda/como-podo-anular-un-envio-de-dineiro-a-outro-banco