Como podo aprazar as compras que fago coa miña tarxeta de crédito?
-
Como podo aprazar as compras que fago coa miña tarxeta de crédito? Se o que queres é aprazar unha compra concreta, podes facelo a través da túa banca móbil desde a pestana 'Tarxetas' > 'Máis' > 'Aprazar compras', escollendo o número de meses nos que desexas fraccionar esa compra. Tamén podes facelo desde a túa banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web ou coas túas claves a través de banca telefónica chamándonos ao 981 179 600 (ou ao +34 981 179 600 se nos chamas desde o estranxeiro), de luns a venres de 8 da mañá a 10 da noite.
Ademais, se o que queres é aprazar todas as compras que fagas coa túa tarxeta, tamén podes cambiar a modalidade de pago por defecto da túa tarxeta ou a cota mensual para devolver o crédito disposto en calquera momento. Iso si, lembra facelo antes de que se efectúe o cargo da cota.
Compártelo en...Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. - https://www.abanca.com/gl/axuda/como-podo-aprazar-as-compras-que-fago-coa-mina-tarxeta-de-credito