Como podo cambiar o límite máximo dos envíos de diñeiro?
-
Como podo cambiar o límite máximo dos envíos de diñeiro? Podes modificar o importe máximo dos teus envíos de diñeiro de varias maneiras.
- Desde a app, no teu perfil > Seguridade. Para poder facelo, é necesario ter activada a Chave ABANCA.
- No servizo de banca telefónica, no que te identificarán coas túas claves, chamando ao 981 179 600. Na chamada tamén empregaremos reforzos de seguridade.
- Tamén poderás facer o cambio na túa oficina de ABANCA máis próxima.
Por seguridade, recomendámosche manter un límite mínimo para o envío de diñeiro a outras persoas ou bancos. Debes establecer un límite que che permita facer as túas operacións habituais e, só cando necesites realizar unha operación elevada, subir ese límite puntualmente para despois baixalo ao rematar.
Para os envíos inmediatos poderás establecer un límite diferente que nunca poderá superar o límite principal. Neste caso poderás establecer límite diario e por operación. Revisa as nosas recomendacións de seguridade para este tipo de envíos de diñeiro.
Lembra que no teu contrato de banca a distancia se establecen unhas condicións particulares que inclúen uns límites por defecto que nos axudan a mellorar a túa seguridade. Cada vez que modifiques estes límites quedará recollido nas novas condicións do teu contrato.
Compártelo en...Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. - https://www.abanca.com/gl/axuda/como-podo-cambiar-o-limite-maximo-dos-envios-de-dineiro