Como podo dar de alta os meus avisos na app de banca móbil ou na miña banca electrónica?
-
Como podo dar de alta os meus avisos na app de banca móbil ou na miña banca electrónica? O servizo de avisos axúdache a coñecer rapidamente as operacións das túas contas e tarxetas. Permíteche configurar regras para que recibas un aviso no teu móbil ou email cada vez que a túa conta ou tarxeta rexistre un movemento, por exemplo, cando fagas unha compra ou un pago superior a 100 euros, ou para cando recibas un ingreso, como a nómina ou unha transferencia que estabas a esperar.
Activar este servizo é moi sinxelo. Se usas a nosa app de banca móbil, accede ao menú superior esquerdo e selecciona a opción ‘Notificacións’. Se te conectas á túa banca electrónica, accede á pestana de ‘Servizos móbiles’ e pica en ‘Avisos’ na columna da esquerda, onde poderás configuralos á túa medida.
O servizo de avisos é gratuíto se recibes as túas notificacións por mail. En caso contrario, tan só che custará 50 céntimos ao mes.
Compártelo en...Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. - https://www.abanca.com/gl/axuda/como-podo-dar-de-alta-os-meus-avisos-na-app-de-banca-mobil-ou-na-mina-banca-electronica