Como podo facer un envío de diñeiro inmediato?
-
Como podo facer un envío de diñeiro inmediato? Podes realizar envíos de diñeiro inmediatos coa app de ABANCA se a entidade de destino está certificada con esta tecnoloxía.
Para enviar diñeiro de forma inmediata, primeiro deberás activalo na banca móbil. Podes facelo accedendo ao teu perfil na esquina superior esquerda > Seguridade > Envío de diñeiro inmediato, e validándoo con Chave ABANCA.
Porén, antes de activalo ten en conta o seguinte:
- Non debes realizar nunca esta petición se alguén te chamou por teléfono e te presiona para facela con urxencia. É posible que se trate dun fraude e non poderás retroceder a operación.
- Ao ser un envío inmediato, a execución será instantánea, o que dificultará a recuperación de fondos no caso de que te equivoques nalgún dato ou ben dupliques a petición, etc.
- Os envíos de diñeiro non inmediatos SEPA teñen un prazo máximo de execución de 1 día hábil desde a emisión, son moi áxiles.
Se precisas realizar un envío inmediato de forma puntual, ten en conta que a activación desta opción afectará a todos os teus envíos futuros. Se non precisas que todas as túas operacións sexan instantáneas, aconsellámoste que, por estes motivos de seguridade, desactives de novo a opción de envíos inmediatos.
Compártelo en...Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. - https://www.abanca.com/gl/axuda/como-podo-facer-un-envio-de-dineiro-inmediato