Como podo gardar unha operación en 'Os meus favoritos' na app de banca móbil?
-
Como podo gardar unha operación en 'Os meus favoritos' na app de banca móbil? Na nova versión da app de banca móbil podes gardar as operacións que realizas de forma máis habitual no apartado 'Os meus favoritos'. Desa forma aforrarás tempo nas túas xestións máis habituais xa que poderás evitar introducir os mesmos datos cada vez que repitas a acción.
Podes facelo despois de realizar unha operación: abonda con que selecciones a opción 'Engadir favorito' que che mostraremos ao finalizar, na última pantalla, xunto ao resumo da operación realizada. Unha vez gardada, poderás consultala sempre que queiras na parte superior da pantalla, no menú de opcións de cada conta.
Se queres modificar algún dato dunha operación gardada en 'Os meus favoritos' será necesario volver realizar a operación e engadila a favoritos novamente.
Compártelo en...Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. - https://www.abanca.com/gl/axuda/como-podo-gardar-unha-operacion-en-os-meus-favoritos-na-app-de-banca-mobil