Como podo incluír titulares ou autorizados nunha conta?
-
Como podo incluír titulares ou autorizados nunha conta? Se necesitas incluír a unha ou varias persoas na túa conta, teredes que acudir a unha oficina de ABANCA. Podes pedir cita previa.
Terás que ter en conta que, se decidides ser cotitulares, a todos os efectos, a conta é de todos e computa como ben de cada un de vós.
Deberedes decidir que dispoñibilidade terá a conta. Pode ser indistinta, é dicir, que cada un poida operar libremente. Ou pode ser mancomunada, precisando a sinatura de varios para facer as operacións.
Tamén existe a figura de autorizado. Esta persoa poderá realizar un determinado número e tipo de xestións na conta pero non será titular. É dicir, non será propietario da conta.
Se o que necesitades é que unha das persoas que aparecen na conta xa non figure nela, tamén poderedes facelo nunha oficina.
Compártelo en...Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. - https://www.abanca.com/gl/axuda/como-podo-incluir-titulares-ou-autorizados-nunha-conta/