Como se calcula a miña posición global de investimentos na app?
-
Como se calcula a miña posición global de investimentos na app? O menú de Investimentos da app de ABANCA inclúe os produtos de investimento como fondos de investimento, renda variable, renda fixa, seguros de aforro e plans de pensións que teñas contratados.
Mostraranse as posicións de produtos nos que sexas titular, autorizado ou nó propietario pero poderás elixir se queres ver só as que correspondan a algunha destas formas de intervención. No caso de que dispoñas de posicións en divisa, a valoración en EUR será co último tipo de cambio dispoñible.
A valoración da posición realízase en liña co último valor liquidativo ou últimos prezos de sesión dispoñibles no Mercado (salvo que non estean publicados, utilizándose para estes casos o valor razoable ou valor nominal). Se tes operacións en trámite pendentes de mercado (por exemplo unha orde de compra pendente de cruzarse ou unha operación pendente da entidade xestora do plan de pensións), incluiranse no Resumo Totalizado.
Nos seguros de rendas vitalicias indícase a achega inicial realizada no momento da contratación. O resto dos seguros de vida aforro, o dato mostrado correspóndese coa provisión matemática de acordo ao indicado no teu contrato.
Ademais, ten en conta o seguinte.
- As posicións "Xestionadas por ABANCA" son as que están a utilizar o Servizo Discrecional de Carteiras cos nosos expertos, a túa posición global incorpora tamén o saldo das contas correntes asociadas ao servizo, por formar parte do patrimonio delegado.
- Nas posicións "Asesoradas por ABANCA", inclúense exclusivamente as posicións baixo o servizo de asesoramento recorrente en fondos de investimento, renda variable, renda fixa e plans de pensións do portfolio de asesoramento.
- A información sobre a evolución do investimento realízase en base á rendibilidade histórica do produto, é dicir, non ten por que coincidir coa rendibilidade atribuíble ao servizo (Xestionadas por ABANCA ou Asesoradas por ABANCA) se no momento da entrada no mesmo ou en achegas posteriores todo ou parte do investimento vén de investimentos previos.
Compártelo en...Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. - https://www.abanca.com/gl/axuda/como-se-calcula-a-mina-posicion-global-de-investimentos-na-app