Como se calcula o valor do contido?
-
Como se calcula o valor do contido? O cálculo do capital recomendado do contido realízase baseándose nunha estimación do seu posible valor en función das características da túa vivenda (uso da vivenda, localización, m2 etc.) e ao capital recomendado para o continente.
Considérase contido o conxunto de bens mobles, roupa, efectos, electrodomésticos, portátiles... e, en xeral, cantos obxectos e elementos estean dentro dunha vivenda, ou nos locais dependentes dela, da túa propiedade, dos teus familiares, das persoas que convivan contigo ou do persoal ao teu servizo.En calquera caso, pódese axustar o capital inicialmente recomendado en función do contido real.
Segundo o uso e a localización da vivenda existirán uns límites máximos de contido asegurable; este límite será, por exemplo, nunha residencia habitual, de 360.000 €.Compártelo en...Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. - https://www.abanca.com/gl/axuda/como-se-calcula-o-valor-do-contido