Como se calcula o valor do continente?
-
Como se calcula o valor do continente? Para o cálculo do capital recomendado do continente terase en conta toda a información que nos proporcionaches da túa vivenda, por iso é moi importante que sexa correcta. Aplicando diferentes variables darémosche o capital recomendado e personalizado, asegurándoche desta forma que a túa vivenda estea correctamente asegurada e evitando así o infraseguro.
O continente fai referencia á edificación en si e engloba estes elementos:
Estrutura da vivenda: paredes, teitos,...
Construcións anexas: rochos, garaxes.
Instalacións: tubaxes, cables,...
Elementos decorativos: parqués, molduras.
Sexan ou non independentes do edificio, tamén se consideran inmoble asegurado as cercas, os peches e muros de cerramento e de contención.
En caso de propiedade horizontal ou proindivisa, queda incluída a parte proporcional dos elementos comúns do edificio, así como da antena colectiva de TV e frecuencia modulada. Non é posible asegurar vivendas cun capital de continente superior a 1.200.000 €.Se a túa vivenda ten hipoteca con ABANCA e necesitas asegurar un capital de continente superior a 1.200.000 € consulta coa túa oficina ABANCA as posibilidades de aseguramento.
Compártelo en...Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. - https://www.abanca.com/gl/axuda/como-se-calcula-o-valor-do-continente