Creo que me roubaron a tarxeta ou pode ser que a perdera, que fago?
-
Creo que me roubaron a tarxeta ou pode ser que a perdera, que fago? Se non estás seguro de que pasou coa túa tarxeta, podes apagala na túa banca electrónica ou a túa app móbil para impedir que se realicen operacións con ela. Se finalmente atopas a túa tarxeta, poderás volver acendela e volver usala.
Cando esteas seguro de que perdiches ou che roubaron a tarxeta, podes bloqueala e solicitar un duplicado. É moi sinxelo:
- Desde a túa banca móbil, accede á tarxeta que necesitas bloquear pulsando en 'Más' > 'Personalizar tarxeta'. No apartado Para a túa seguridade, selecciona 'Perdiches a tarxeta?' e aquí poderás elixir o motivo e se queres un duplicado.
- Desde a banca electrónica, terás que ir á opción 'Tarxetas' > 'Aviso perda ou roubo".
Lembra que cando pidas unha nova tarxeta a antiga deixará de funcionar inmediatamente.se posteriormente a atopas non a poderás utilizar. Recibirás a tarxeta nova na túa casa ou, se prefires, na oficina que nos indiques.
No caso que non a poidas bloquear ti mesmo, chámanos o máis rápido que poidas ao 900 815 524 (ou ao +34 981 910 524 se nos chamas desde o estranxeiro).
Compártelo en...Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. - https://www.abanca.com/gl/axuda/creo-que-me-roubaron-a-tarxeta-ou-pode-ser-que-a-perdera-que-fago