Declaración de herdeiros abintestato
-
Declaración de herdeiros abintestato Documento notarial ou xudicial polo que se determina quen son os herdeiros dunha persoa cando non outorgou testamento ou o outorgado perdeu validez ou é nulo. Esta declaración pódeselle solicitar ao notario da localidade onde residía o defunto por medio de acta notarial, no suposto de ser os herdeiros o cónxuxe, ascendentes ou descendentes; ou ao xuíz de Primeira Instancia, cando resulten ser herdeiros outros familiares. Neste caso, a lei determina quen son os herdeiros e a parte da herdanza que lles corresponde. O período de tramitación da declaración en caso de ser notarial é aproximadamente dun mes e medio, e en caso de declaración xudicial dependerá de cada xulgado, pero normalmente o prazo é superior á notarial.
Compártelo en...Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. - https://www.abanca.com/gl/axuda/declaracion-de-herdeiros-abintestato