É o mesmo crédito e préstamo?
-
É o mesmo crédito e préstamo? Aínda que a miúdo na fala coloquial tratamos estes dous termos como se fosen sinónimos, o cierto é que na linguaxe especializada bancaria crédito e préstamo son conceptos lixeiramente distintos.
Un préstamo ou empréstito é unha operación pola que ABANCA che dá unha cantidade de cartos concreta dunha soa vez, por un prazo determinado, e ti comprométeste a volver os cartos e mais os xuros nos prazos ou cotas que pactásemos (mes a mes, trimestralmente etcétera). Cada cota que pagues incorpora dous conceptos: a devolución ou amortización do capital que pediras, e os xuros que se xerasen polo capital que aínda teñas para devolver. Ao que remates con todas as cotas considérase o empréstito cancelado e a operación está liquidada.
O funcionamento do crédito é máis parecido ao dunha conta corrente, coa particularidade de que os cartos, ata o límite que estea fixado, están ao teu dispor para que cubras as túas necesidades financeiras. Nun crédito non se che ingresan todos os cartos de vez, senón que ABANCA che vai entregando cantidades parciais a medida que o necesites. Por iso só se che cobran xuros sobre a cantidade que utilizases realmente. De todos os xeitos, nalgúns créditos tamén terás que pagar unha comisión polo diñeiro que non utilices, pero que teñas dispoñible.
Por esta razón, se ben o que che custa un préstamo xa o sabes dende o comezo, o custo dun crédito só o podes coñecer cando ABANCA liquida o crédito, que normalmente é cada trimestre. Outra das vantaxes do crédito é que aínda que se concede por un prazo concreto, cando se chega ao final dese período pódese renovar, ou mesmo ampliar. O crédito é normalmente un produto financeiro que utilizan as empresas para cubriren as súas necesidades de tesourería, e o seu uso está pouco estendido entre os clientes particulares.
Compártelo en...Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. - https://www.abanca.com/gl/axuda/e-o-mesmo-credito-e-prestamo