En que caixeiros podo sacar cartos sen que me cobren comisións?
-
En que caixeiros podo sacar cartos sen que me cobren comisións? Coa tarxeta de débito ABANCA, tes ao teu dispor máis de 18.000 caixeiros en toda España, desde os que poderás retirar diñeiro en efectivo a débito sen comisións:
- Caixeiros ABANCA.
- Fóra de Galicia podes retirar ata 5 veces ao mes nos caixeiros da rede EURO 6000, Euronet, Banco Sabadell, Bankinter, Caja de Arquitectos, Caja de Ingenieros e Euro Automatic Cash. A partir do sexto reintegro cada operación terá un custo de 0,50 € na rede Euro 6000, de 0,85 € en Euronet, 0,55 € en Bankinter e Caja Ingenieros,0,60 € en Caja de Arquitectos e Banca March, e 0,65 € no Banco Sabadell e Euro Automatic Cash. No resto dos
caixeiros cobraráseche a comisión que aplique a entidade propietaria do caixeiro. - Rede internacional: 5 reintegros ao mes só coa tarxeta NX (neste caso, algunhas entidades poderán aplicar unha taxa de recarga polo uso dos seus caixeiros).
Compártelo en...Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. - https://www.abanca.com/gl/axuda/en-que-caixeiros-podo-sacar-cartos-sen-que-me-cobren-comisions