Na miña Visa Tú, como podo traspasar diñeiro da tarxeta á conta?
-
Na miña Visa Tú, como podo traspasar diñeiro da tarxeta á conta? Podes traspasar diñeiro desde a tarxeta á conta en calquera momento, durante o proceso de contratación ou posteriormente a través de Banca a distancia (banca electrónica, móbil ou telefónica). Podes seleccionar o importe do traspaso que máis che conveña, ata alcanzar o total do límite de crédito da tarxeta. Se traspasas todo o límite á conta, non terás saldo dispoñible para realizar máis operacións ata que vaias pagando esa débeda, conforme aos pagamentos mensuais previstos ou mediante amortizacións anticipadas gratuítas.
É moi cómodo, sen ningún papelame, nin trámites adicionais e podes escoller a forma de pagamento que queiras. Se seleccionas o pagamento cota fixa irás pagando todos os meses a cantidade que elixas. Esta cantidade determinará o prazo necesario para que devolvas a cantidade traspasada e os xuros. Se realizas máis compras, disposicións de efectivo ou traspasos a conta con pagamento en cota fixa, seguirás pagando o mesmo cada mes, pero necesitarás máis tempo para ir devolvendo a débeda acumulada. Tamén poderás realizar amortizacións anticipadas gratuítas, co que acurtarás ese prazo. Podes variar o importe da cota fixa as veces que queiras e sen ningún custo.
Compártelo en...Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. - https://www.abanca.com/gl/axuda/na-mina-visa-tu-como-podo-traspasar-dineiro-da-tarxeta-a-conta