Onde podo recargar a tarxeta do bus?
-
Onde podo recargar a tarxeta do bus? A tarxeta metropolitana permíteche pagar con desconto no transporte público das áreas de Vigo, A Coruña, Santiago, Ferrol e Lugo. Esta tarxeta forma parte do Plan de Transporte Metropolitano da Xunta de Galicia. Podes conseguir a tarxeta na maioría de oficinas de ABANCA por 2 € e recargala nos nosos caixeiros e oficinas. Consulta aquíSerás redirixido a outro sitio web a listaxe de oficinas con este servizo e toda a información sobre a tarxeta.
O proceso de recarga é moi sinxelo. Se o caixeiro no que vas realizar a operación admite ingresos, tan só tes que introducir a tarxeta, seleccionar a cantidade e introducir os cartos en efectivo. Se non tivese esa opción, deberías meter a túa tarxeta de débito (en caso de que fose de crédito ou doutra entidade levaría unha comisión), seleccionar “Operacións moedeiro”, inserir a tarxeta de transporte e escoller a cantidade. Ten en conta que a cantidade mínima de recarga son 10 € e a máxima 180 € se realizas a recarga dende unha tarxeta ou 60 € se o fas con efectivo.
Tamén podes recargalas desde a túa Banca Electrónica na opción Tarxetas > Tarxetas Moedeiro; ou na Banca Móbil en Contas > Operar > Tarxetas Moedeiro.
Lembra que se viaxades 2 (ou máis) podedes pagar os billetes coa mesma tarxeta.
Compártelo en...Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. - https://www.abanca.com/gl/axuda/onde-podo-recargar-a-tarxeta-do-bus