Onde podo retirar a débito coa miña tarxeta Tú?
-
Onde podo retirar a débito coa miña tarxeta Tú? A tarxeta Tú permíteche retirar diñeiro en caixeiros de todo o mundo, tanto a débito como a crédito. Só tes que seleccionar a opción que máis che conveña en cada retirada. Cando o caixeiro non permita seleccionar, a operación realizarase sempre a débito.
Consulta aquí os caixeiros de España onde sacar diñeiro a débito sen que che cobren comisións.
No estranxeiro, aplicarase unha comisión de 2€ dentro da zona euro e un 4% (cun mínimo de 4€) fóra da zona euro. Algunhas entidades poderán aplicar unha taxa de recarga polo uso dos seus caixeiros. Nas disposicións en moeda diferente ao euro aplicarase a comisión de cambio de divisa establecida no contrato da tarxeta.
Vantaxes para clientes do nivel premium do Programa Servizos ABANCA: Se es premium poderás sacar diñeiro a débito sen custo (sen comisión), en calquera dos adheridos ao acordo entre rede Euro 6000, Euronet, Banco Sabadell, Bankinter, Caixa de Arquitectos, Caixa de Enxeñeiros, Euro Automatic Cash e Banca March fóra de Galicia, así como en todos os caixeiros fóra de España.
Compártelo en...Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. - https://www.abanca.com/gl/axuda/onde-podo-retirar-a-debito-coa-mina-tarxeta-tu/