Onde podo retirar o meu diñeiro coas tarxetas de ABANCA?
-
Onde podo retirar o meu diñeiro coas tarxetas de ABANCA? Podes retirar diñeiro gratis coa túa tarxeta de débito ABANCA en todos os nosos caixeirosAbrirase nunha nova ventá..
Grazas a un acordo entre as entidades que formamos parte da rede EURO 6000 e das principais entidades do sistema financeiro español (Banco Sabadell, Bankinter, Caja de Arquitectos, Caja Ingenieros e Euro Automatic Cash), como cliente de ABANCA poderás obter diñeiro en máis de 18.000 caixeiros de EspañaSerás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá. Neles poderás retirar cartos ata 5 veces ao mes totalmente gratis, se te atopas fóra de Galicia e a partir da sexta retirada cun custo de 0,50 € na rede Euro 6000, 0,55 € en Bankinter e Caja Ingenieros, 0,60€ en Caja de Arquitectos, e 0,65 € en Banco Sabadell e Euro Automatic Cash. No resto de caixeiros cobraráseche a comisión que che aplique a entidade propietaria.
Nos caixeiros nacionais, a entidade propietaria do caixeiro informaráche do importe da comisión que aplique antes de realizares a operación, mediante unha mensaxe na pantalla do caixeiro, para que poidas confirmala ou anulala.
Ademais, se estás no nivel premium do noso Programa Servizos ABANCA poderás retirar diñeiro gratis sen pagar ningún tipo de comisión (nin un só céntimo), en calquera dos máis de 18.000 caixeiros adheridos ao acordo entre rede EURO 6000, Banco Sabadell, Bankinter, Caja de Arquitectos, Caja Ingenieros e Euro Automatic Cash fóra de Galicia, así como en todos os caixeiros fóra de España.
Se tes menos de 35 anos e te beneficias das vantaxes da nosa tarxeta Tú NXAbrirase nunha nova ventá., ABANCA non che cobrará nada por retirar cartos no estranxeiro ata cinco veces ao mes, nin sequera a comisión por troco de divisa.
Compártelo en...Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. - https://www.abanca.com/gl/axuda/onde-podo-retirar-o-meu-dineiro-coas-tarxetas-de-abanca