Por que me piden activar a protección en chamadas ou a localización na app?
-
Por que me piden activar a protección en chamadas ou a localización na app? Na banca móbil, poderás acceder ao apartado de Seguridade, dentro do teu perfil, onde incorporamos varias funcionalidades que reforzan a seguridade das túas operacións e as consultas con ABANCA. Recomendámosche a activación destes controis que te axudan a estar máis seguro.
Protección de chamadas
Con este permiso poderemos recadar información sobre si estás a realizar unha chamada durante o uso da app, así como recadar datos da SIM instalada no teu dispositivo que debería coincidir co teu número na nosa base de datos, coa finalidade de incrementar a túa protección ante chamadas fraudulentas que se fan pasar por ABANCA. Para realizar estas comprobacións non é necesario facer escoitas nin acceder a audios ou á túa lista de contactos.Acceso con localización
Unicamente trataremos os datos de localización do teu dispositivo para a túa seguridade. Ao activar a localización, axúdasnos a determinar zonas seguras para as túas operacións no caso de que descargues a nosa app desde unha localización descoñecida (por exemplo, se te conectas durante unha viaxe ao estranxeiro). Ademais, estes controis adicionais permitirannos ofrecerche unha mellor experiencia na nosa app.Límites
Os límites na app de ABANCA serven para que ti mesmo poidas controlar a cantidade máxima de diñeiro que podes enviar a outras persoas ou a outras entidades. Podes personalizalos segundo as túas necesidades neste apartado de Seguridade e co reforzo de Llave ABANCA.Envío de diñeiro inmediato
Podes activar o envío de diñeiro inmediato (transferencias inmediatas) se realmente o necesitas. Pedirémosche o reforzo de seguridade con Llave ABANCA para garantir maior protección nas transaccións.Compártelo en...Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. - https://www.abanca.com/gl/axuda/para-que-utilizamos-os-datos-de-localizacion-do-teu-dispositivo/