Para que vale o Hal Cash?
-
Para que vale o Hal Cash? O Hal Cash é o sistema máis rápido e cómodo de enviarlles diñeiro a outras persoas: a parte que tes que pór para a cea dos amigos, os cartos que che emprestou a túa nai… E só debes saber o seu número de móbil para enviarllo.
Podes facer un pagamento en Hal Cash desde banca electrónica, a app de ABANCA do teu móbil, banca telefónica, nun caixeiro automático de ABANCA ou doutras entidades adheridasSerás redirixido a outro sitio web ao programa Hal Cash, e, por suposto, nas nosas oficinas. Só necesitas acceder á túa conta, indicar canto diñeiro queres enviar, e teclear o número de móbil da persoa destinataria.
A persoa á que lle mandes o diñeiro só ten que acudir a un caixeiro dunha entidade adheridaSerás redirixido a outro sitio web ao programa Hal Cash e introducir as dúas chaves que ti lle enviarás para retirar a cantidade. Sen necesidade de tarxeta, nin de ser cliente de ABANCA ou outra entidade da mesma rede.
Compártelo en...Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. - https://www.abanca.com/gl/axuda/para-que-vale-o-hal-cash