Perdín o móbil onde teño a app de ABANCA, poden acceder á miña conta?
-
Perdín o móbil onde teño a app de ABANCA, poden acceder á miña conta? Non, non te preocupes. Lembra que para acceder á app de ABANCA é necesario un PIN. Terían que atopar o teu móbil e ademais ter o PIN de acceso. De todos os xeitos avísanos ao 900 815 522 (ou ao +34 981 910 522 se nos chamas desde o estranxeiro), e na opción de 'Tarxetas', un servizo 24 horas, tamén che bloqueamos as claves de banca a distancia.
Sempre poderás instalala outra vez cando che apareza o móbil, ou cando te compres un novo. Ah, e sentimos que o perderas :(
Compártelo en...Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. - https://www.abanca.com/gl/axuda/perdin-o-mobil-onde-teno-a-app-de-abanca-poden-acceder-a-mina-conta