Perdín ou roubáronme o DNI, que teño que facer?
-
Perdín ou roubáronme o DNI, que teño que facer? O primeiro que debes facer é denunciar o roubo na Policía Nacional ou na Garda Civil e tamén avisarnos. É importante, xa que a persoa que teña o teu DNI podería suplantarche a identidade e tratar de facer operacións no teu nome. Para avisarnos tes as seguintes opcións:
- Por teléfono.
- Por correo electrónico. Escríbenos a tuseguridad@abanca.comAbrirase nunha nova ventá., co asunto ‘DNI PERDIDO’ e mais o teu nome e o número do DNI.
- En calquera das nosas oficinas. Podes solicitar unha Cita Previa se che resulta máis cómodo.
Mentres non teñas o novo DNI, por motivos de seguridade poderías ver restrinxidas certas operacións en liña e por teléfono. Tamén podes pedir unha Cita Previa na oficina se necesitas axuda.
Ademais, cando teñas o novo DNI, necesitaremos que nos avises. Poderás atopar máis información sobre este tema na web do Banco de EspañaSerás redirixido a outro sitio web.Compártelo en...Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. - https://www.abanca.com/gl/axuda/perdin-ou-roubaronme-o-dni-que-teno-que-facer