Podes confiar en ABANCA
-
Podes confiar en ABANCA Tes todas as garantías derivadas das normativas regulatorias que cumprimos como entidade financeira española e europea, e da aplicación do noso modelo de goberno corporativo, a altura dos máis elevados estándares internacionais.
Os nosos indicadores de redabilidade, solvencia e liquidez avalan a nosa estratexia de sostenibilidade a longo prazo, focalizada no negocio minorista tradicional e a concesión de crédito.
ABANCA obtivo no 2015 un beneficio neto de 330 millóns de euros, o que supón unha rendabilidade (ROTE) do 8,7%, unha das máis elevadas do mercado bancario en España.
Somos unha das entidades máis solventes do sector financeiro español e europeo, o que nos permite superar o nivel de capital mínimo requerido de acordo coas directrices de Basilea III.
Dispoñemos dunha posición de liquidez de 10.917 millóns de euros en activos dispoñibles e capacidade de emisión, cifra coa que cumprimos amplamente os requerimentos esixibles en 2018.
Desenvolvimos un novo modelo comercial onde cobran protagonismo a solidez, a atención ao cliente e a innovación, así que estamos nas mellores condicións para atender, con responsabilidade e sentido común, as túas necesidades.
Compártelo en...Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. - https://www.abanca.com/gl/axuda/podes-confiar-en-abanca