Podo pagar impostos, multas ou recibos pola banca electrónica ou pola app?
-
Podo pagar impostos, multas ou recibos pola banca electrónica ou pola app? Se es cliente de ABANCA e descargáchesche a app de banca móbil, é moi sinxelo. Só tes que entrar no teu app de banca móbil, seleccionar a conta desde a que desexas realizar o pago e pulsar en acceder ‘Operar’ > ‘Pago de recibos’ e capturar o código de barras da multa ou recibo (como facer unha foto). Tamén podes realizar o pago desde a túa banca electrónica ou banca telefónica chamando ao 981 17 96 00 (ou +34 981 17 96 00 se chamas desde o estranxeiro) .
Só poderás pagar e domiciliar os recibos que indiquen que ABANCA é entidade colaboradora:
- Impostos, contribucións e taxas da túa cidade (IBI, Lixo, IVTM, etc.)
- Recibos de subministracións (luz, auga, gas, etc.)
- Recibos da Seguridade Social.
- Multas de Concellos
Para o pago de impostos e taxas de comunidades autónomas, poderás facelo na web de cada Comunidade.
E se es autónomo ou profesional, tamén poderás pagar tributos desde a banca electrónica de empresas.
Se non tes as claves para usar a túa banca a distancia, podes contratala facilmente aquí e enviarémoschas.
Se non es cliente, podes pagar cunha tarxeta financeira unha multa ou un recibo utilizando a nosa pasarela de pagosSerás redirixido a outro sitio web.
Compártelo en...Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. - https://www.abanca.com/gl/axuda/podo-pagar-impostos-multas-ou-recibos-pola-banca-electronica-ou-pola-app