Podo utilizar Bizum para pagar e cobrar nas administracións de Loterías e Apostas do Estado?
-
Podo utilizar Bizum para pagar e cobrar nas administracións de Loterías e Apostas do Estado? Si, Bizum permíteche pagar apostas ou cobrar premios de forma presencial en calquera Administración de Loterías amosando un código QR xerado na app de ABANCA.
Para xerar o código QR debes acceder á túa banca móbil e seleccionar Enviar diñeiro > Bizum > Loterías.
Se estás pagando unha aposta, debes confirmar a operación no teu móbil. Se estás a cobrar un premio, non se require esta confirmación.
Este código é dinámico e único para cada operación e só é válido durante 10 minutos.
O importe máximo que poderás pagar é de 500 € por operación. Ademais, hai un límite diario/mensual de 1.000 €. Poderás cobrar premios de ata 2.000 € directamente na túa conta.
Lembra que, para gozar deste servizo, debes ter o teu Bizum activado en ABANCA, así como a versión máis actualizada da app.
Compártelo en...Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. - https://www.abanca.com/gl/axuda/podo-utilizar-bizum-para-pagar-e-cobrar-nas-administracions-de-loterias-e-apostas-do-estado