Por que é necesaria a consulta da miña vida laboral á TGSS cando estou contratando un produto co Banco?
-
Por que é necesaria a consulta da miña vida laboral á TGSS cando estou contratando un produto co Banco? Cando contratas unha conta e te das de alta no Banco, a lexislación de Branqueo de Capitais indícanos que debemos cumprir coa obriga de coñecer aos nosos clientes, e por iso necesitamos saber cal é a túa actividade económica e facer unha comprobación da mesma.
Se xa es cliente, cada certo tempo tamén é necesario actualizar esta información, e por iso é posible que che solicitemos permiso para facer a consulta á TGSS, se aínda non nolo deres.
Se nos dás permiso para poder verificar a túa actividade económica de forma automática coa Tesouraría da Seguridade Social, a xestión da túa solicitude será máis áxil, e ademais resultarache moito máis cómodo que subir manualmente o informe de vida laboral.
Compártelo en...Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. - https://www.abanca.com/gl/axuda/por-que-e-necesaria-a-consulta-da-mina-vida-laboral-a-tgss-cando-estou-contratando-un-produto-co-banco/