Por que é necesario confirmar o nome do destinatario nos envíos de diñeiro?
-
Por que é necesario confirmar o nome do destinatario nos envíos de diñeiro? Para achegar maior seguridade ao enviar diñeiro a outras persoas ou bancos, poñemos en marcha un novo servizo (dispoñible no ámbito SEPA) que revisa os datos do destinatario. Este servizo compara o nome que escribes cando ordenas a transferencia co nome que está rexistrado no banco da persoa á que lle vas enviar diñeiro.
Se o nome coincide, a operación segue o seu curso. En caso contrario, avisarémoste cunha das seguintes opcións para que poidas revisar a información:
- "Non puidemos verificar o destinatario": Houbo un problema técnico ao facer a comprobación. Recomendámosche que revises ben os datos do destinatario e, se comprobas que todo está correcto, podes optar por seguir adiante.
- "O destinatario non parece correcto": O nome que puxeches non coincide co que figura no banco da outra persoa. É moi importante que contactes co destinatario para confirmar os datos antes de continuar.
- "Revisa o nome do destinatario": O nome que puxeches é moi similar ao que ten o beneficiario, pero non é exacto. Amosarémosche o nome que figura no banco destinatario, para que o revises e, se comprobas que é correcto, o apliques e poidas seguir co envío.
É fundamental que fagas estas comprobacións, pois se autorizas a transferencia, o diñeiro podería rematar nunha conta cuxo titular sexa unha persoa diferente á que desexas. Ademais, só se realizaches correctamente este paso terás dereito a usar o noso servizo de solicitude de devolución, que che axudará nas xestións necesarias para recuperar o teu diñeiro nos casos nos que sexa posible (por exemplo, axudarémoste a recuperar o teu diñeiro, sempre que sexa posible, no caso dunha transferencia ordinaria, se te equivocas no importe enviado). Se o chegas a necesitar, só tes que chamarnos ao 981 179 600 coas túas claves e axudarémoste co proceso.
Compártelo en...Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. - https://www.abanca.com/gl/axuda/por-que-e-necesario-confirmar-o-nome-do-destinatario-nos-envios-de-dineiro