Por que un complemento á pensión de xubilación da Seguridade Social?
-
Por que un complemento á pensión de xubilación da Seguridade Social? A taxa de substitución das pensións é a ratio entre a pensión que se cobra no momento da xubilación e o último salario percibido como traballador en activo. Por exemplo, para o caso dunha persoa que cobrase 2000 € de último salario e que perciba unha pensión de 1700 €, a taxa de substitución é do 85%.
En España, segundo un informe da OCDE do ano 2015, a taxa de substitución ascende ao 82% e está entre as máis altas do grupo de países desenvolvidos. Coas últimas reformas das pensións, o avellentamento da poboación e o aumento da esperanza de vida, a OCDE estima que esa porcentaxe se irá reducindo de vagariño. Cun plan de pensións podes constituír un aforro que che axude a compensar esa diferenza.
Compártelo en...Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. - https://www.abanca.com/gl/axuda/por-que-un-complemento-a-pension-de-xubilacion-da-seguridade-social