-
En caso de falecemento que pasa cos plans de pensións? Se existen produtos xestionados por un terceiro, é dicir, fondos, plans de pensións ou seguros, serán as compañías xestoras ou aseguradoras as que procederán á partición ou pago do capital/prestacións. Nós comprometémonos a entregarlles a documentación que nos facilitaches e a tratar de que respondan no prazo máis breve posible.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/hipotecas/moratoria/plans-de-pensions#61 -
Fiscalmente, en que me axuda o plan de pensións? Os plans de pensións son a mellor maneira para que reduzas agora o diñeiro que pagas por impostos. Ao reducir a túa base impoñible terás que pagar menos na túa declaración da renda nos anos en que fagas contribucións ao plan.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/hipotecas/moratoria/plans-de-pensions#121 -
Que achega mínima teño que facer ao plan de pensións? Ao contratares o plan de pensións individual podes indicar unha achega periódica mínima de 30 € ao mes pero tamén podes contribuír de forma trimestral, semestral ou anual. Ademais, podes realizar achegas extraordinarias cando queiras. Se nun momento dado non podes facer contribucións, é posible suspender as achegas e reanudalas cando mellor se che axeite.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/hipotecas/moratoria/plans-de-pensions#122 -
E se necesito os cartos do plan de pesións por algún imprevisto podo recuperalos? En caso de enfermidade grave ou desemprego poderás solicitar o cobro do capital acumulado no plan até ese momento.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/hipotecas/moratoria/plans-de-pensions#123 -
Cal é a rendibilidade dos plans de pensións de ABANCA? Podes consultar toda a documentación legal do noso catálogo de plans de pensións nesta mesma web, e que se tes dúbidas podes acudir a calquera das nosas oficina. Pide cita e un experto estará a esperar por ti á hora que ti prefiras.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/hipotecas/moratoria/plans-de-pensions#406 -
No caso de falecemento dun titular dun plan de pensións, que documentación teño que presentar para abrir un proceso de tramitación hereditaria? Se o falecido posuía un destes produtos, será necesario que presentes:
- DNI do falecido.
- DNI dos beneficiarios.
- De designar como beneficiarios aos fillos, o Libro de Familia.
- De designar como beneficiario ao cónxuxe, o Certificado de inscrición de matrimonio no Rexistro Civil.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/hipotecas/moratoria/plans-de-pensions#42 -
Para que serve un plan de pensións? Os plans de pensións son un instrumento de aforro para a nosa xubilación e constitúen un complemento ideal para a pensión de xubilación da Seguridade Social. Ademais, dispoñen dun tratamento fiscal vantaxoso nas contribucións que vaias realizando.Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/hipotecas/moratoria/plans-de-pensions#319 -
Por que un complemento á pensión de xubilación da Seguridade Social? A taxa de substitución das pensións é a ratio entre a pensión que se cobra no momento da xubilación e o último salario percibido como traballador en activo. Por exemplo, para o caso dunha persoa que cobrase 2000 € de último salario e que perciba unha pensión de 1700 €, a taxa de substitución é do 85%.
En España, segundo un informe da OCDE do ano 2015, a taxa de substitución ascende ao 82% e está entre as máis altas do grupo de países desenvolvidos. Coas últimas reformas das pensións, o avellentamento da poboación e o aumento da esperanza de vida, a OCDE estima que esa porcentaxe se irá reducindo de vagariño. Cun plan de pensións podes constituír un aforro que che axude a compensar esa diferenza.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/hipotecas/moratoria/plans-de-pensions#320 -
Quen pode necesitar un plan de pensións? Canto antes empecemos a aforrar para a nosa xubilación, maior aforro acumularemos para cando chegue o momento. Así poderemos gozar dun mellor nivel de vida e, no camiño, reduciremos a cantidade que pagamos de IRPF.Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/hipotecas/moratoria/plans-de-pensions#321 -
En que casos podo cobrar o plan de pensións? Para alén das continxencias establecidas (xubilación, o falecemento, a incapacidade permanente total ou absoluta, a grande invalidez e a dependencia severa ou gran dependencia) tamén podes recuperar o importe acumulado en caso de enfermidade grave ou desemprego. A partir do 1 de xaneiro de 2025 poderás rescatar todas as túas achegas, sempre que teñan unha antigüidade de 10 anos.Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/hipotecas/moratoria/plans-de-pensions#322 -
Como podo cobrar o meu plan de pensións? A prestación do plan de pensións puede percibirse en forma de capital (total o parcial), en forma de renta y en forma mixta, de manera que mejor se adapte a tus necesidades.Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/hipotecas/moratoria/plans-de-pensions#323 -
Se agora non traballo, para que podo querer un plan de pensións? Porque acumularás aforro para a xubilación igualmente, aínda que non che beneficie fiscalmente xa que non tes rendementos do traballo.
Ademais, se a túa parella traballa, pode aportar ao teu plan de pensións (ata 1000€). Esta contribución reducirá notablemente o IRPF da persoa en activo.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/hipotecas/moratoria/plans-de-pensions#324 -
Que é mellor, un plan de pensións ou un seguro de vida aforro? Depende de quen contrate. A fiscalidade no momento de cobrar é mellor nun seguro de aforro pero non tes ningún no momento en que fas a contribución. Ademais, sempre será máis axeitado un seguro de vida aforro para as persoas que non produzan rendementos do traballo.Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/hipotecas/moratoria/plans-de-pensions#325 -
E por que debo facer un plan de pensións con ABANCA e non con outra entidade? O catálogo de plans de pensións de ABANCA adáptase ás diferentes tipoloxías de investimento e perfís de risco de cada uno. Ademais, atópase entre os mellores do mercado en cuanto a rendibilidades obtidas a longos e medios períodos.Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/hipotecas/moratoria/plans-de-pensions#326 -
Que é MiPlan? MiPlan é un portal de acceso aos partícipes con información sobre os plans de pensións e EPSV de ABANCA Vida y Pensiones xa contratados, onde poderás acceder a información moi útil para levar o control dos teus produtos.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/hipotecas/moratoria/plans-de-pensions#572 -
Como podo acceder a MiPlan? O proceso é moi sinxelo. O primeiro que debes facer é acudir á oficina de ABANCA máis próxima para darte de alta na ferramenta. Despois de facer isto, xa poderás entrar en MiPlanSerás redirixido a outro sitio web para completar o rexistro e empezar a consultar todos os datos sobre os teus plans de pensións.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/hipotecas/moratoria/plans-de-pensions#573 -
Que me ofrece MiPlan? Esta ferramenta permíteche ver a posición do teu plan de pensións ou EPSV no momento actual e a súa evolución en diferentes períodos. Ademais, poderás consultar os movementos e acceder á información xeral do produto. Se o que necesitas é realizar calquera xestión, poderalo facer a través da túa banca móbil ou banca electrónica ou acudindo á oficina de ABANCA máis próxima.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/hipotecas/moratoria/plans-de-pensions#574 -
Esquecín o PIN de MiPlan, podo solicitar un novo? E modificalo? Dentro da propia ferramenta de MiPlan poderás solicitar tanto un PIN novo como modificar o actual para acceder a MiPlanSerás redirixido a outro sitio web. Para asegurármonos de que es ti, necesitarás ter á man o número de teléfono que estea vinculado á túa conta e cubrir algúns campos para que poidamos verificar a túa identidade.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/hipotecas/moratoria/plans-de-pensions#575