Que é a categorización de movementos na banca móbil?
-
Que é a categorización de movementos na banca móbil? A categorización de movementos é un servizo gratuíto da nosa app que che axuda a organizar e entender as túas finanzas. Funciona do seguinte xeito.
- Clasificación automática. Cada vez que fas un movemento de diñeiro (un ingreso ou un gasto), a aplicación clasifícao automaticamente nunha categoría específica, como supermercados, restaurantes ou saúde.
- Informes detallados. Esta clasificación automática permíteche xerar un informe completo dos teus gastos e ingresos, agrupados por categorías e marcas. Podes acceder a este informe a través do gráfico de gastos mensuais da túa conta.
- Personalización. Se cres que a categoría asignada non é a correcta, podes modificala e incluso crear as túas propias etiquetas para que o teu informe sexa máis preciso e adaptado ao teu estilo de vida.
Consulta como facelo paso a paso nesta ligazón.Serás redirixido a outro sitio web
Compártelo en...Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. - https://www.abanca.com/gl/axuda/que-e-a-categorizacion-de-movementos-na-banca-mobil