Que é a regra proporcional nos seguros?
-
Que é a regra proporcional nos seguros? A regra proporcional é unha fórmula que se utiliza para calcular a indemnización que recibes en caso dun sinistro parcial nos bens que tes asegurados. Esta regra aplícase cando existe un infraseguro, é dicir, cando aseguraches o valor da túa vivenda ou dos teus bens por un importe inferior ao seu valor real, por exemplo, para pagar menos na túa cota mensual por errar no cálculo dos bens asegurados.
Se se dese ese caso, calcularíaseche a indemnización tendo en conta a diferenza entre o que aseguraches e o valor real dos bens. Por exemplo, se o valor real da túa vivenda é de 60.000 € e a tes asegurada por 40.000 €, e se destrúe a metade, recibirás 20.000 € en lugar de 30.000 €.
Compártelo en...Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. - https://www.abanca.com/gl/axuda/que-e-a-regra-proporcional-nos-seguros