Que é ABANCA?
-
Que é ABANCA? ABANCA, unha das dez primeiras entidades financeiras españolas por volume de activos, é un banco con sede en Galicia que aposta por unha nova forma de facer banca, baseada no que nós denominamos Sentir Común, e nuns valores moi claros: responsabilidade, confiabilidade, calidade e innovación.
Contamos cunha rede de arredor de 700 oficinas distribuídas por España e outros 9 países. Traballamos aquí máis de 4.600 persoas dedicadas a satisfacer as necesidades de clientes e clientas coma ti.
En Galicia, onde se atopa a razón social de ABANCA estamos presentes no 87% dos concellos, polo que damos cobertura ao 98% da poboación. Somos, ademais, o primeiro financiador do tecido empresarial galego, un compromiso co desenvolvemento, o futuro e a prosperidade que forma parte, tamén, da alma deste novo banco.
Fóra de Galicia contamos cunha rede comercial de 114 oficinas, con especial presenza en León, Asturias e Madrid.
Compártelo en...Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. - https://www.abanca.com/gl/axuda/que-e-abanca