Que gastos teño que asumir nunha hipoteca e cales asume ABANCA?
-
Que gastos teño que asumir nunha hipoteca e cales asume ABANCA? Se es un cliente particular e queres mercar unha vivenda, en ABANCA ofrecémosche as hipotecas Mari Carmen con diferentes formas de pago para que escollas a que mellor se adapte á túa situación.
Aconsellámoste que realices unha simulaciónSerás redirixido a outro sitio web para obter todos os datos e gastos asociados, tanto os que asumes ti como os que ABANCA asume para os seus clientes.
Nas nosas hipotecas Mari Carmen, desde ABANCA asumimos os gastos de formalización da hipoteca que corresponden aos gastos de notaría, rexistro, xestoría e o Imposto de Actos Xurídicos Documentados (AXD) segundo a normativa de cada comunidade autónoma, sendo por conta do cliente no caso de que dita normativa así o especifique.
E o cliente asume os gastos derivados da compravenda da vivenda relativos a notaría, rexistro, xestoría, imposto correspondente á compravenda (IVE ou ITP), así como os gastos de taxación e nota simple, precisos para solicitar un préstamo con garantía hipotecaria.
Compártelo en...Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. - https://www.abanca.com/gl/axuda/que-gastos-teno-que-asumir-nunha-hipoteca-e-cales-asume-abanca