Que inclúe a cobertura da responsabilidade civil?
-
Que inclúe a cobertura da responsabilidade civil? A cobertura da responsabilidade civil é moi importante porque por ela se indemnizará a terceiras persoas que resultaran prexudicadas por un sinistro orixinado na nosa vivenda.
• Se existe capital asegurado para o inmoble (continente):
As contraprestacións monetarias das que poidas resultar responsable ante terceiros por mor dos danos que lles puideras causar directa e accidentalmente por accións ou omisións neglixentes túas ou das persoas das cales debas responder legalmente e por feitos derivados da propiedade do inmoble asegurado.
Se o inmoble asegurado formara parte dunha comunidade de propietarios, queda garantida a responsabilidade civil que che incumba polos danos causados a terceiros en calidade de copropietario dos elementos comúns do edificio en que estean os bens asegurados e cando os danos deriven de servizos comúns á finca ou proveñan de actos ou omisións do persoal ao seu servizo.
• Se existe capital asegurado para o mobiliario e obxectos asegurados (contido):As contraprestacións monetarias das que poidas resultar civilmente responsable ante terceiros por mor dos danos directa e accidentalmente causados por:
Os teus actos ou os das persoas polas que debas responder como posuidor do mobiliario e/ou como inquilino da vivenda.
Ou caída da antena individual de televisión ou obxectos caídos ou tirados desde a túa fiestra.
Ou danos ocasionados a terceiros pola auga derivados de instalacións non fixas ou pola omisión involuntaria do peche de válvulas, chaves de paso ou billas.
Ou danos materiais ou corporais causados por mor dun incendio e/ou explosión no contido da vivenda asegurada.
Ou a responsabilidade civil persoal e como cabeza de familia por mor de: os teus actos persoais e os do teu cónxuxe, fillos e demais familiares que dependan de ti e convivan contigo, de animais domésticos, da práctica de deportes non profesional, do uso de bicicletas sen motor, por intoxicacións alimentarias sufridas por terceiros servidos no domicilio e por actos ou omisións do persoal doméstico ou dos seus danos corporais.
Tamén está incluída a defensa penal e a elección de avogado e procurador.
Compártelo en...Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. - https://www.abanca.com/gl/axuda/que-inclue-a-cobertura-da-responsabilidade-civil