Que inclúe a cobertura de ampliación de obxectos de valor especial (OVE)?
-
Que inclúe a cobertura de ampliación de obxectos de valor especial (OVE)? Empecemos por aclarar que se consideran como obxectos de valor especial os cadros, obras de arte, antigüidades, reloxos e obxectos compostos en todo ou en parte de metais preciosos ou marfil ou pedras preciosas ou semipreciosas que non teñan a consideración de xoias. Tamén as peles, tapices, bolsos, alfombras, aparatos electrónicos e aparatos de imaxe ou son. No caso de conxuntos que constitúan naturalmente un xogo, o valor unitario é o do conxunto na totalidade, por exemplo unha vaixela.
O uso ten que ser persoal ou decorativo cun valor unitario superior a 2.000 €.
O Seguro de Fogar ABANCA, cobre, en todas as pólizas, en caso de roubo ou vandalismo na túa vivenda, un capital para obxectos OVE ata o 30% do valor asegurado no contido, cun máximo de 5.000 € e un límite de indemnización por peza de 2.500 € en caso de sinistro.
Estará excluída esta cobertura no caso de que non se asegure o contido, se a túa vivenda está situada nun despoboado ou está en alugueiro ou deshabitada.Compártelo en...Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. - https://www.abanca.com/gl/axuda/que-inclue-a-cobertura-de-ampliacion-de-obxectos-de-valor-especial-ove