Que inclúe a cobertura de ampliación de xoias?
-
Que inclúe a cobertura de ampliación de xoias? Empecemos por aclarar que se consideran como xoias as alfaias ou obxectos compostos de ouro, platino, perlas ou pedras preciosas.
O Seguro de Fogar ABANCA cobre, en todas as pólizas, en caso de roubo ou vandalismo na túa vivenda, un capital para xoias de ata o 30% do valor asegurado no contido, cun máximo de 3.000 € e un límite de indemnización por peza de 500 € en caso de sinistro.
Estará excluída esta cobertura no caso de que non se asegure o contido, se a túa vivenda está situada nun despoboado ou está en alugueiro ou deshabitada.
En caso de necesitar un capital adicional para xoias, é posible contratar a cobertura opcional "ampliación de xoias" coa que se poderá asegurar un capital de libre elección de ata o 50% do capital asegurado no contido e cun límite de 50.000 €.Se se trata dunha segunda residencia non se poderá contratar esta cobertura.
Compártelo en...Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. - https://www.abanca.com/gl/axuda/que-inclue-a-cobertura-de-ampliacion-de-xoias