Que límites de seguridade teñen os envíos de diñeiro por banca a distancia?
-
Que límites de seguridade teñen os envíos de diñeiro por banca a distancia? Dispós de dous tipos de límites que podes consultar e personalizar desde a túa app coa seguridade de Chave ABANCA.
- Límite para envíos de diñeiro a outras persoas ou bancos. É o importe máximo xeral para todas as túas transferencias.
- Límite para envíos inmediatos. Para un control extra, podes fixar un límite específico por operación e por día, que sempre será inferior ao teu límite xeral. Revisa as nosas recomendacións de seguridade para este tipo de envíos de diñeiro.
Se precisas un importe superior ao dispoñible na app, axudámoste a amplialo por banca telefónica no 981 179 600 onde te identificaremos coas túas claves e outros reforzos de seguridade, ou ben, na túa oficina máis próxima.
Recomendámosche manter os teus límites axustados ao teu uso habitual. Súbeos só cando precises facer unha operación de maior importe e volve a baixalos ao rematar. É un xesto sinxelo que che achegará seguridade.
Lembra que no teu contrato de banca a distancia se establecen unhas condicións particulares que inclúen uns límites por defecto que nos axudan a mellorar a túa seguridade. Cada vez que modifiques estes límites quedará recollido nas novas condicións do teu contrato.
Compártelo en...Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. - https://www.abanca.com/gl/axuda/que-limites-de-seguridade-tenen-os-envios-de-dineiro-por-banca-a-distancia