Que pasa se deixo de cumprir os requisitos da Conta Online?
-
Que pasa se deixo de cumprir os requisitos da Conta Online? A Conta Online está pensada para clientes con perfil dixital e que prefiren realizar as súas operacións a través da app de banca móbil ou na banca electrónica. Se realizas ingresos, reintegros, traspasos ou transferencias na oficina durante dous meses seguidos perderás os privilexios desta conta e pasarás a ter unha conta estándar.
Unha conta estándar trae asociada unha serie de pagos polos servizos que che ofrecemos e que terías que empezar a pagar. Con todo, co Programa Servizos ABANCA é moi fácil que non pagues por estes servizos se cumpres uns requisitos moi sinxelos. Podes comprobalo na nosa web.
En calquera caso, antes de que teñas que empezar a pagar, avisarémoste.
Compártelo en...Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. - https://www.abanca.com/gl/axuda/que-pasa-se-deixo-de-cumprir-os-requisitos-da-conta-online