Que podemos agardar os empresarios e emprendedores de ABANCA?
-
Que podemos agardar os empresarios e emprendedores de ABANCA? Sentir Común tamén é preocuparnos polo futuro, polo noso contorno. Por iso ABANCA nace cun claro compromiso cos empresarios, cos emprendedores, coa industria e o comercio. O noso obxectivo é formalizar máis de 12.000 millóns de euros en crédito nos próximos tres anos, dos que 8.300 millóns estarán dirixidos ao financiamento da economía produtiva.
Queremos, ademais, dar un forte pulo á actividade internacional, acompañando as nosas empresas na súa internacionalización, estreitando os vencellos coa colonia galega no exterior e aproveitando o potencial de Banesco Internacional nos países onde está presente.
Compártelo en...Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. - https://www.abanca.com/gl/axuda/que-podemos-agardar-os-empresarios-e-emprendedores-de-abanca