Que requisitos teño que cumprir para abrir de forma online unha Conta Online Clara?
-
Que requisitos teño que cumprir para abrir de forma online unha Conta Online Clara? Para abrir unha Conta Clara sin comisiones y de forma online tes que ser residente en España e ter máis de 18 anos.
Facerse cliente é moi sinxelo, 100 % online e só che levará uns minutos. Para sermos o máis áxiles posible, debes ter á man o teu documento de identidade (DNI ou NIE con foto), o teu teléfono móbil e un documento que acredite a túa actividade laboral (pedirémoscho ao final do proceso para que che dea tempo a buscalo). O documento pode ser unha copia da nómina, o IRPF ou a vida laboral da Seguridade Social. Por último, farémosche un vídeo selfie para identificarte; asegúrate de que o teu dispositivo móbil ten activados os permisos da cámara.
Non é necesario que domicilies a túa nómina para gozar de todas as vantaxes da conta pero se o fas, podes beneficiarte das nosas promocións. Lembra que para poder gozar deste beneficio é necesario que:
- Adhíraste á campaña (preguntarémosche durante o proceso de alta se aceptas as condicións).
- Fagas o cambio de domiciliación da nómina coa túa empresa ou da pensión coa Seguridade Social (ou outros organismos).
- Recibas o ingreso na túa nova conta. Tes dous meses desde a sinatura da adhesión á campaña.
- O incentivo da ‘promo’ recibiralo nun prazo máximo dun mes desde ese primeiro ingreso de nómina ou pensión.
Non te preocupes, iremoste guiando a medida que avances no formulario de contratación.
Compártelo en...Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. - https://www.abanca.com/gl/axuda/que-requisitos-teno-que-cumprir-para-abrir-de-forma-online-unha-conta-online-clara