Que son o continente e o contido dun seguro de fogar?
-
Que son o continente e o contido dun seguro de fogar? O continente fai referencia á edificación en si e engloba estes elementos:
- Estrutura da vivenda: paredes, teitos,...
- Construcións anexas: rochos, garaxes, ...
- Instalacións: tubaxes, cables,...
- Elementos decorativos: parqués, molduras,...
O contido engloba as pertenzas que están dentro da vivenda ou do rocho, como poden ser o mobiliario, electrodomésticos, roupa ou electrónica, entre outros.
Amosámosche un exemplo moi sinxelo que te vai axudar a entender os dous conceptos: se puidésemos poñer boca abaixo a nosa casa, o continente é todo o que permanecería no seu sitio e o contido todo o que caería.
Non abonda con ter contratado un seguro para a nosa casa, tamén cómpre que estea ben feito e realizar unha correcta valoración dos bens.Compártelo en...Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. - https://www.abanca.com/gl/axuda/que-son-o-continente-e-o-contido-dun-seguro-de-fogar