Que tipo de cambio se utiliza en operacións en moeda estranxeira? Aplícase algunha comisión?
-
Que tipo de cambio se utiliza en operacións en moeda estranxeira? Aplícase algunha comisión? Cando fas unha compra coa túa tarxeta ou sacas diñeiro nun caixeiro nunha moeda distinta ao euro, faise unha conversión do valor da moeda da operación a euros.
A conversión será a que determine a marca da túa tarxeta, Visa ou Mastercard, o día que se liquide a operación entre a entidade do terminal e ABANCA. Ese día pode ser distinto do día en que ti fagas a operación, isto dependerá do país, o comercio, o seu banco… e non se pode saber con antelación.Para que teñas unha visión aproximada desta conversión, preparamos unha calculadora de divisasSerás redirixido a outro sitio web para coñecer o tipo de cambio que se aplica nunha data determinada cando pagas coa túa tarxeta ABANCA nunha moeda estranxeira. A nosa calculadora tamén che indicará a diferenza porcentual entre o tipo que che damos nós e o establecido polo Banco Central Europeo (BCE) para esa data e moeda. Nalgúns casos non poderemos facilitarche esta última información, xa que o BCE non facilita a conversión para todas as moedas. Ademais, é posible que a túa tarxeta, tal e como se indica no contrato, teña unha comisión por cambio de divisa. Se é o teu caso, esta calculadora tamén cha mostrará.
Ten en conta que algúns terminais de países con outra moeda pódenche ofrecer realizar a operación directamente en euros. Nese caso, o tipo de cambio establéceo directamente ese terminal sen intervención nin responsabilidade de ABANCA. O terminal debería informarche do tipo de cambio que che aplicará. Estas operacións tramitaranse directamente en euros, polo que en ningún caso aplicarase a comisión de cambio de divisa que poida ter establecida a túa tarxeta, pero debes ter en conta que o tipo de cambio pode non ser tan vantaxoso como o que che aplicaría ABANCA.
Compártelo en...Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. - https://www.abanca.com/gl/axuda/que-tipo-de-cambio-se-utiliza-en-operacions-en-moeda-estranxeira-aplicase-algunha-comision