Que usos pode ter unha vivenda para os efectos do seguro de fogar?
-
Que usos pode ter unha vivenda para os efectos do seguro de fogar? Podes darlle á vivenda distintos usos e, para poder personalizar o Seguro Fogar ABANCA, segundo as túas necesidades, temos que coñecelo. Se vives principalmente nela é a túa vivenda habitual. Cando a utilizas de forma esporádica nas vacacións ou en días puntuais é a túa segunda residencia. Se a destinas ao alugueiro a medio e longo prazo, o uso será en alugueiro. En caso de non utilizala entenderase que está deshabitada e non sería posible asegurala coa cobertura de roubo.
Se o que necesitas é asegurar unha vivenda de uso turístico terás que contratar un seguro de negocios.Compártelo en...Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. - https://www.abanca.com/gl/axuda/que-usos-pode-ter-unha-vivenda-para-os-efectos-do-seguro-de-fogar