Para que serven as claves de banca electrónica? Úsase a mesma clave para acceder á app no móbil e á banca telefónica?
-
Para que serven as claves de banca electrónica? Úsase a mesma clave para acceder á app no móbil e á banca telefónica? Si, as túas claves son únicas. Cun só usuario e PIN podes acceder a todos os nosos canais dixitais. Ao dar de alta o teu servizo de banca a distancia tes acceso a:
- App de banca móbil. Descárgaa no teu smartphone iOS Serás redirixido a outro sitio webou AndroidSerás redirixido a outro sitio web
- Banca electrónica. Accede de forma segura desde a área de clientes de abanca.com.
- Banca Telefónica. Chámanos ao 900 815 522 (ou ao +34 981 910 522 desde o estranxeiro)
Como te identificas? Só precisas o teu usuario (normalmente o teu DNI ou NIE) e o teu PIN secreto de 6 díxitos. Os nosos sistemas validan esta clave de forma automática e cifrada para que ninguén máis poida vela.
Se precisas contactar con ABANCA, chama aos números oficiais que se indican na información contractual ou na web. O teléfono xeral de ABANCA é o 900 815 522 (+34 981 910 522 se chamas desde o estranxeiro). Se che pedimos que nos indiques o motivo da chamada, farémolo a través dun sistema automático de voz que solicita que teclees no teclado do teu móbil o PIN de 6 cifras. O sistema automático realiza a lectura de forma segura sen acceso real aos números.
Un consello de seguridade importante: se somos nós quen te chamamos, nunca che pediremos o PIN completo. Se ti nos chamas a nós, introduciralo unicamente a través do teclado do teu teléfono cando o sistema automático cho solicite.
Compártelo en...Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. - https://www.abanca.com/gl/axuda/se-teno-as-claves-de-banca-electronica-podo-usar-tamen-a-banca-no-mobil-e-a-banca-telefonica/