Ir al contenido principal
Ir a menú accesibilidad
Abanca
Particulares Empresas Banca Persoal Atención ao cliente
GL
ES
EU
CA
Oficinas Faite cliente Área cliente Serás redirixido a outro sitio web
  • Para a túa empresa
  • Área cliente Serás redirixido a outro sitio web
  • Contas e aforro
  • Tarxetas
  • Créditos
  • Hipotecas
  • Seguros
  • Investimento e bolsa
  • Plans de pensións
  • Programa Servizos ABANCA
  • Todos os produtos
  • Banca persoal
  • Banca privada
  • Atención ao cliente
  • Preguntas frecuentes
  • Sala de comunicación Serás redirixido a outro sitio web
  • Español
  • En euskera
  • En català
Contas e aforro
Tarxetas
Créditos
Hipotecas
Seguros
Investimento e bolsa
Plans de pensións
Volver a axuda

Seguros

Seguro Fogar

  • Que son o continente e o contido dun seguro de fogar?

    O continente fai referencia á edificación en si e engloba estes elementos: 

    • Estrutura da vivenda: paredes, teitos,...
    • Construcións anexas: rochos, garaxes, ...
    • Instalacións: tubaxes, cables,...
    • Elementos decorativos: parqués, molduras,...


    O contido engloba as pertenzas que están dentro da vivenda ou do rocho, como poden ser o mobiliario, electrodomésticos, roupa ou electrónica, entre outros.


    Amosámosche un exemplo moi sinxelo que te vai axudar a entender os dous conceptos: se puidésemos poñer boca abaixo a nosa casa, o continente é todo o que permanecería no seu sitio e o contido todo o que caería. 


    Non abonda con ter contratado un seguro para a nosa casa, tamén cómpre que estea ben feito e realizar unha correcta valoración dos bens.

    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/seguros/seguro-fogar#395
    • En Twitter Serás redirixido a outro sitio web
    • En Facebook Serás redirixido a outro sitio web
  • Podo cambiar o continente ou contido da miña póliza en calquera momento?

    Si, en efecto, podes aumentar e diminuír os capitais asegurados salvo que a túa póliza estea próxima á renovación. Neste caso, terás que esperar uns días. 


    Ao aumentar o continente ou o contido, xerarase un recibo pola diferenza da prima correspondente. 
    Pero é importante que saibas que o valor do continente nunca se poderá reducir por debaixo do valor recomendado, posto que está calculado en función da información que nos deches sobre a vivenda. 

    Así evitamos que en caso dun sinistro, a indemnización non alcance o dano que realmente sufriches. Isto coñécese como infraseguro.

    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/seguros/seguro-fogar#398
    • En Twitter Serás redirixido a outro sitio web
    • En Facebook Serás redirixido a outro sitio web
  • Se vivo en alugueiro, de que me vale o Seguro Fogar?

    Como inquilino, é aconsellable que asegures o contido da vivenda (mobiliario, tecnoloxía, xoias, ...) sobre todos os bens que sexan teus e así protexeraste das consecuencias que un sinistro poida ter sobre eles. 


    Ademais, aínda que a vivenda sexa doutra persoa, ti podes ser causante dun dano polo que debas responder, como danos nas paredes ou nas tubaxes, polo que é recomendable asegurar o contido para ter cuberta a responsabilidade civil que derive del. Co Paquete Inquilino, que leva incluída a modalidade Serenidade Plus, axudarémoste coa devolución da fianza e coa defensa e reclamación dos teus dereitos como arrendatario. 

    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/seguros/seguro-fogar#57
    • En Twitter Serás redirixido a outro sitio web
    • En Facebook Serás redirixido a outro sitio web
  • Como funciona o servizo Manitas do seguro de fogar?

    Por ter contratado un seguro de fogar ABANCA poderás solicitar este servizo gratuíto, porque non todos somos uns mañosos. Tes incluída a asistencia ata 2 veces ao ano (3 horas máximo por visita), para montar mobles, colocar cortinas ou instalar lámpadas, entre outras.

    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/seguros/seguro-fogar#58
    • En Twitter Serás redirixido a outro sitio web
    • En Facebook Serás redirixido a outro sitio web
  • Que é un infraseguro? Que ocorrería coa miña vivenda en caso de sinistro?

    Un infraseguro prodúcese cando o importe dos capitais asegurados é inferior aos valores reais. 

    En caso de sinistro atoparíaste cunha situación na que poderiamos non facernos cargo do importe total da indemnización por aplicación da denominada regra proporcional.

    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/seguros/seguro-fogar#619
    • En Twitter Serás redirixido a outro sitio web
    • En Facebook Serás redirixido a outro sitio web
  • Que usos pode ter unha vivenda para os efectos do seguro de fogar?

    Podes darlle á vivenda distintos usos e, para poder personalizar o Seguro Fogar ABANCA, segundo as túas necesidades, temos que coñecelo. Se vives principalmente nela é a túa vivenda habitual. Cando a utilizas de forma esporádica nas vacacións ou en días puntuais é a túa segunda residencia. Se a destinas ao alugueiro a medio e longo prazo, o uso será en alugueiro. En caso de non utilizala entenderase que está deshabitada e non sería posible asegurala coa cobertura de roubo. 
    Se o que necesitas é asegurar unha vivenda de uso turístico terás que contratar un seguro de negocios. 

    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/seguros/seguro-fogar#598
    • En Twitter Serás redirixido a outro sitio web
    • En Facebook Serás redirixido a outro sitio web
  • Que tipos de vivenda podo asegurar?

    Segundo como sexa a túa vivenda poderase clasificar como: 

    • Piso en planta intermedia: vivenda situada nun edificio no que as fiestras, terrazas ou balcóns están a máis de tres metros do chan e non é un piso na última planta.
    • Piso na última planta (ático): o último piso dun edificio de vivendas.
    • Piso na planta baixa: vivenda situada nun edificio no que as fiestras, terrazas ou balcóns están a menos de tres metros do chan.
    • Unifamiliar independente: é a vivenda independente e de uso exclusivo que non comparte parede con outra edificación, aínda que pode compartir un muro, peche ou sebe.
    • Unifamiliar acaroada: é a vivenda dunha ou varias plantas e de uso exclusivo, unida a outras vivendas, coas que comparte unha ou máis paredes laterais.


    Necesitamos coñecelo para poderche ofrecer un seguro totalmente personalizado.

    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/seguros/seguro-fogar#599
    • En Twitter Serás redirixido a outro sitio web
    • En Facebook Serás redirixido a outro sitio web
  • Como calculo os metros cadrados (m2) da miña vivenda?

    Para o cálculo dos m2 da vivenda debes ter en conta tanto os m2 construídos correspondentes á vivenda coma os espazos exteriores de uso privativo (terrazas, soportais, tendais e similares). Non se deberán incluír como m2 construídos da vivenda os dos anexos (garaxes e rochos). 

    Non poderemos asegurar de forma automática vivendas que superen os 1000 metros cadrados construídos, incluídos os anexos. No caso de que a vivenda supere os 1000 m2 e teñas a hipoteca con ABANCA consulta coa oficina as posibilidades de aseguramento.

    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/seguros/seguro-fogar#600
    • En Twitter Serás redirixido a outro sitio web
    • En Facebook Serás redirixido a outro sitio web
  • Que se consideran anexos da vivenda?

    Considéranse anexos á vivenda os garaxes e mais os rochos situados no mesmo edificio no que estea a vivenda, e non é posible asegurar anexos situados nun edificio diferente.

    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/seguros/seguro-fogar#601
    • En Twitter Serás redirixido a outro sitio web
    • En Facebook Serás redirixido a outro sitio web
  • Por que é importante o ano de construción da vivenda no seguro de fogar?

    O ano de construción da vivenda é unha información relevante para o seguro de fogar de ABANCA xa que se a vivenda ten máis de 80 anos de antigüidade será necesario que se realizara unha reforma integral inferior a 30 anos de antigüidade. 

    No caso de que teña máis de 125 anos de antigüidade non será posible asegurala. 

    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/seguros/seguro-fogar#602
    • En Twitter Serás redirixido a outro sitio web
    • En Facebook Serás redirixido a outro sitio web
  • Que se considera reforma integral da vivenda no seguro de fogar?

    Considérase reforma integral da vivenda a rehabilitación total de todas as conducións de auga, luz e gas do inmoble asegurado.

    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/seguros/seguro-fogar#603
    • En Twitter Serás redirixido a outro sitio web
    • En Facebook Serás redirixido a outro sitio web
  • Cales son os tipos de materiais cos que pode estar construída a vivenda para os efectos do seguro de fogar?

    Segundo os materiais cos que estea construída principalmente a vivenda pódese clasificar como: 


    -Vivendas de ladrillo e/ou pedra na súa totalidade: as vivendas construídas con materiais totalmente incombustibles en peches, estrutura e cuberta, como ladrillo, pedra, tella ou formigón. As casas prefabricadas de formigón e/ou aceiro están cubertas e englóbanse nesta epígrafe.
    -Vivendas con vigas de madeira na estrutura ou na cuberta: as vivendas que, a pesar de contar con peches incombustibles, na construción teñen vigas de madeira na estrutura da edificación ou na cuberta.
    -Vivendas de madeira ou adobe (máis do 25% de materiais combustibles): as vivendas cuxo elemento principal na construción é a madeira e/ou o adobe. Neste caso, o seguro de Fogar de ABANCA exclúe a contratación de vivendas con materiais de construción que se consideran de alto risco inflamable como as vivendas de madeira ou adobe se eses materiais superan o 25% do total da construción. As vivendas prefabricadas tipo contedor e prefabricadas de madeira tamén están excluídas da contratación. No caso de que sexa unha vivenda hipotecada con ABANCA un equipo experto valorará o risco e a posibilidade de aseguramento.


    Por outra banda, as casas móbiles non é posible aseguralas posto que non teñen un domicilio fixo dado que non están ancoradas ao solo.

    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/seguros/seguro-fogar#605
    • En Twitter Serás redirixido a outro sitio web
    • En Facebook Serás redirixido a outro sitio web
  • Como se calcula o valor do continente?

    Para o cálculo do capital recomendado do continente terase en conta toda a información que nos proporcionaches da túa vivenda, por iso é moi importante que sexa correcta. Aplicando diferentes variables darémosche o capital recomendado e personalizado, asegurándoche desta forma que a túa vivenda estea correctamente asegurada e evitando así o infraseguro.


    O continente fai referencia á edificación en si e engloba estes elementos: 
    Estrutura da vivenda: paredes, teitos,...
    Construcións anexas: rochos, garaxes. 
    Instalacións: tubaxes, cables,...
    Elementos decorativos: parqués, molduras.


    Sexan ou non independentes do edificio, tamén se consideran inmoble asegurado as cercas, os peches e muros de cerramento e de contención.
    En caso de propiedade horizontal ou proindivisa, queda incluída a parte proporcional dos elementos comúns do edificio, así como da antena colectiva de TV e frecuencia modulada. Non é posible asegurar vivendas cun capital de continente superior a 1.200.000 €. 

    Se a túa vivenda ten hipoteca con ABANCA e necesitas asegurar un capital de continente superior a 1.200.000 € consulta coa túa oficina ABANCA as posibilidades de aseguramento.

    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/seguros/seguro-fogar#607
    • En Twitter Serás redirixido a outro sitio web
    • En Facebook Serás redirixido a outro sitio web
  • Como se calcula o valor do contido?

    O cálculo do capital recomendado do contido realízase baseándose nunha estimación do seu posible valor en función das características da túa vivenda (uso da vivenda, localización, m2 etc.) e ao capital recomendado para o continente. 


    Considérase contido o conxunto de bens mobles, roupa, efectos, electrodomésticos, portátiles... e, en xeral, cantos obxectos e elementos estean dentro dunha vivenda, ou nos locais dependentes dela, da túa propiedade, dos teus familiares, das persoas que convivan contigo ou do persoal ao teu servizo. 

    En calquera caso, pódese axustar o capital inicialmente recomendado en función do contido real.
    Segundo o uso e a localización da vivenda existirán uns límites máximos de contido asegurable; este límite será, por exemplo, nunha residencia habitual, de 360.000 €.

    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/seguros/seguro-fogar#608
    • En Twitter Serás redirixido a outro sitio web
    • En Facebook Serás redirixido a outro sitio web
  • Que inclúe a cobertura da responsabilidade civil?

    A cobertura da responsabilidade civil é moi importante porque por ela se indemnizará a terceiras persoas que resultaran prexudicadas por un sinistro orixinado na nosa vivenda.

    • Se existe capital asegurado para o inmoble (continente):
    As contraprestacións monetarias das que poidas resultar responsable ante terceiros por mor dos danos que lles puideras causar directa e accidentalmente por accións ou omisións neglixentes túas ou das persoas das cales debas responder legalmente e por feitos derivados da propiedade do inmoble asegurado.
    Se o inmoble asegurado formara parte dunha comunidade de propietarios, queda garantida a responsabilidade civil que che incumba polos danos causados a terceiros en calidade de copropietario dos elementos comúns do edificio en que estean os bens asegurados e cando os danos deriven de servizos comúns á finca ou proveñan de actos ou omisións do persoal ao seu servizo.

    • Se existe capital asegurado para o mobiliario e obxectos asegurados (contido): 

    As contraprestacións monetarias das que poidas resultar civilmente responsable ante terceiros por mor dos danos directa e accidentalmente causados por:


    Os teus actos ou os das persoas polas que debas responder como posuidor do mobiliario e/ou como inquilino da vivenda.


    Ou caída da antena individual de televisión ou obxectos caídos ou tirados desde a túa fiestra.


    Ou danos ocasionados a terceiros pola auga derivados de instalacións non fixas ou pola omisión involuntaria do peche de válvulas, chaves de paso ou billas.


    Ou danos materiais ou corporais causados por mor dun incendio e/ou explosión no contido da vivenda asegurada.


    Ou a responsabilidade civil persoal e como cabeza de familia por mor de: os teus actos persoais e os do teu cónxuxe, fillos e demais familiares que dependan de ti e convivan contigo, de animais domésticos, da práctica de deportes non profesional, do uso de bicicletas sen motor, por intoxicacións alimentarias sufridas por terceiros servidos no domicilio e por actos ou omisións do persoal doméstico ou dos seus danos corporais.

    Tamén está incluída a defensa penal e a elección de avogado e procurador. 


     

    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/seguros/seguro-fogar#609
    • En Twitter Serás redirixido a outro sitio web
    • En Facebook Serás redirixido a outro sitio web
  • Que inclúe a cobertura de ampliación de xoias?

    Empecemos por aclarar que se consideran como xoias as alfaias ou obxectos compostos de ouro, platino, perlas ou pedras preciosas.

    O Seguro de Fogar ABANCA cobre, en todas as pólizas, en caso de roubo ou vandalismo na túa vivenda, un capital para xoias de ata o 30% do valor asegurado no contido, cun máximo de 3.000 € e un límite de indemnización por peza de 500 € en caso de sinistro.
    Estará excluída esta cobertura no caso de que non se asegure o contido, se a túa vivenda está situada nun despoboado ou está en alugueiro ou deshabitada.
    En caso de necesitar un capital adicional para xoias, é posible contratar a cobertura opcional "ampliación de xoias" coa que se poderá asegurar un capital de libre elección de ata o 50% do capital asegurado no contido e cun límite de 50.000 €. 

    Se se trata dunha segunda residencia non se poderá contratar esta cobertura.

    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/seguros/seguro-fogar#610
    • En Twitter Serás redirixido a outro sitio web
    • En Facebook Serás redirixido a outro sitio web
  • Que inclúe a cobertura de ampliación de obxectos de valor especial (OVE)?

    Empecemos por aclarar que se consideran como obxectos de valor especial os cadros, obras de arte, antigüidades, reloxos e obxectos compostos en todo ou en parte de metais preciosos ou marfil ou pedras preciosas ou semipreciosas que non teñan a consideración de xoias. Tamén as peles, tapices, bolsos, alfombras, aparatos electrónicos e aparatos de imaxe ou son. No caso de conxuntos que constitúan naturalmente un xogo, o valor unitario é o do conxunto na totalidade, por exemplo unha vaixela.
    O uso ten que ser persoal ou decorativo cun valor unitario superior a 2.000 €. 
    O Seguro de Fogar ABANCA, cobre, en todas as pólizas, en caso de roubo ou vandalismo na túa vivenda, un capital para obxectos OVE ata o 30% do valor asegurado no contido, cun máximo de 5.000 € e un límite de indemnización por peza de 2.500 € en caso de sinistro. 
    Estará excluída esta cobertura no caso de que non se asegure o contido, se a túa vivenda está situada nun despoboado ou está en alugueiro ou deshabitada.

    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/seguros/seguro-fogar#611
    • En Twitter Serás redirixido a outro sitio web
    • En Facebook Serás redirixido a outro sitio web
  • Quen pode ser o tomador do seguro de fogar de ABANCA Seguros?

    Pode ser tomador do seguro de fogar de ABANCA Seguros:

    • O propietario da vivenda: que en función do uso da vivenda (habitual, segunda residencia, en alugueiro) poderá seleccionar as coberturas correspondentes.
    • O inquilino da vivenda.
    • Ou poden darse outras situacións: con esta opción dáselles cobertura a aquelas persoas que non son propietarios nin inquilinos pero viven e gozan da vivenda, e polo tanto teñen interese en asegurala nas mesmas condicións ca o propietario. Por exemplo, familiares do propietario que residen na vivenda, ou persoas que teñen o seu usufruto pero aínda non son propietarios.
    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/seguros/seguro-fogar#708
    • En Twitter Serás redirixido a outro sitio web
    • En Facebook Serás redirixido a outro sitio web

Se non atopas o que buscas, podes...

  • twitearnos a @somosABANCA Serás redirixido a outro sitio web
  • preguntárnoslas por escrito
  • venir a las oficinas
  • Promocións e ofertas
  • Seguridade
  • Termos financeiros: Glosario
  • Banca a distancia
  • Programa Servizos ABANCA
  • Seguros
  • Tarxetas
  • Operacións habituais
  • Produtos e servizos
  • Oficinas, horarios, valores
En que podemos axudarche?

Sobre ABANCA

Sala de comunicación Serás redirixido a outro sitio web
Información corporativa Serás redirixido a outro sitio web
Presenza internacional
Banesco Internacional Serás redirixido a outro sitio web
Axentes Financeiros
Traballa en ABANCA Serás redirixido a outro sitio web
Contáctanos
Servizo de Atención ao Cliente
Seguridade

Aspectos legais

Política de privacidade
Somos accesibles
Política de cookies
Configuración de cookies
Aviso legal
Taboleiro de anuncios
Información MIFID
Outra información legal

Máis webs da rede ABANCA

Cuentas Claras: Blog de ABANCA Serás redirixido a outro sitio web
Área cliente Serás redirixido a outro sitio web
Área cliente empresas Serás redirixido a outro sitio web
Bróker online Serás redirixido a outro sitio web
ABANCA Servicios Financieros Serás redirixido a outro sitio web
ABANCA USA Serás redirixido a outro sitio web
ABANCA Portugal Serás redirixido a outro sitio web
Escogecasa Serás redirixido a outro sitio web
Tusitiodecompras.es Serás redirixido a outro sitio web
Open Banking Serás redirixido a outro sitio web

Produtos

Contas e aforro
Tarxetas
Hipotecas
Créditos
Seguros
Plans de pensións
Particulares
Empresas e Autónomos
Banca Persoal
Banca Privada
Icona da rede social X, azul escuro resaltado Icona da rede social X, azul escuro resaltado Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá Icona da rede social Facebook, azul escuro resaltado Icona da rede social Facebook, azul escuro resaltado Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá Icona de Youtube, azul escuro resaltado Icona de Youtube, azul escuro resaltado Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá Icona de LinkedIn, azul escuro resaltado Icona de LinkedIn, azul escuro resaltado Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá Icona do blog Cuentasclaras, azul escuro resaltado Icona do blog Cuentasclaras, azul escuro resaltado Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá Icona de Instagram, azul escuro resaltado Icona de Instagram, azul escuro resaltado Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
Logo da UNEP - Ligazón aos asinantes dos Principios de Banca Responsable Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá Logo de PRI - Ligazón ao directorio de asinantes dos Principios para o Investimento Responsable Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
©2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.
Icona da rede social X, azul escuro resaltado Icona da rede social X, azul escuro resaltado Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá Icona da rede social Facebook, azul escuro resaltado Icona da rede social Facebook, azul escuro resaltado Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá Icona de Youtube, azul escuro resaltado Icona de Youtube, azul escuro resaltado Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá Icona de LinkedIn, azul escuro resaltado Icona de LinkedIn, azul escuro resaltado Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá Icona do blog Cuentasclaras, azul escuro resaltado Icona do blog Cuentasclaras, azul escuro resaltado Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá Icona de Instagram, azul escuro resaltado Icona de Instagram, azul escuro resaltado Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Texto

Filtros de cor

Seleccionar cores