¿Tedes algunha promoción se domicilio a miña nómina ou pensión nunha Conta Online Clara?
-
¿Tedes algunha promoción se domicilio a miña nómina ou pensión nunha Conta Online Clara? Se te fas clienteSerás redirixido a outro sitio web e ademais domicilias a nómina ou a pensión nunha Conta Online Clara, podes levar un incentivo de 500 € brutos se a túa nómina ou pensión é de 1.200 € ou máis. Se a túa nómina está entre 800 € e 1.200 €, o incentivo é de 185 € brutos.
Podes consultar na nosa web toda a información e as vantaxes dunha conta sen comisións, con transferencias non urxentes dentro da UE, tarxeta de débito sen custo, e a posibilidade de ter unha tarxeta Visa Tú de crédito sen comisión de emisión e mantemento o primeiro ano…
Se sodes dous titulares e os dous domiciliades a nómina ou a pensión, o incentivo final sumará 1.000 €. Podedes solicitar a vosa Conta Online Clara sen comisións en menos de 10 minutos.
Para poder gozar deste beneficio cómpre que te adhiras á campaña durante o proceso de contratación. É moi fácil, no momento da sinatura preguntarémosche se te queres adherir. E despois terás que:
- Facer o cambio da conta coa túa empresa para que domicilien a nómina na túa nova Conta Clara. O mesmo se é unha pensión coa Seguridade Social ou outros organismos.
- Dámosche ata dous meses a partir da sinatura da adhesión á campaña para que che dea tempo a recibir o ingreso na nova conta.
- O incentivo da promoción recibiralo no prazo máximo dun mes a partir dese primeiro ingreso da nómina ou pensión.
- Se sodes dous titulares, recibiredes as dúas promocións.
Se xa es cliente e queres traer a nómina, tamén temos un incentivo para ti. Chámanos ao 981 910 534 e informarémoste.
Compártelo en...Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. - https://www.abanca.com/gl/axuda/tedes-algunha-promocion-se-domicilio-a-mina-nomina-ou-pension-nunha-conta-online-clara